viernes, 21 de junio de 2019

"Arrow"

Imagen relacionada



Arrow é unha serie de televisión dun vixiante estadounidense desenvolivda polos escritores/productores Greg Berlanti, Marc Guggenheim e Andrew Kreisberg. Está baseada no personaxe de Dc Comics Gren Arrow, un loitador contra o crime disfrazado creado por Mort Weisinger e George Papp. Estreouse o 10 de outubro de 2012 en Estados Unidos no canal de televisión The CW.





ARGUMENTO:

Resultado de imagen de oliver queen

A serie segue ao multimillonario playboy Oliver Queen (Stephen Amell), quen, cinco anos despois de estar varado nunha illa hostil, volta a casa para loitar contra o crime e a corrupción como un vixiante secreto cuxa arma de elección é un arco e frechas.

É unha nova mirada ao personaxe de Green Arrow, así como a outros personaxes do universo DC Comics. Aínda que Oliver Queen/Green Arrow aparecera na serie de televisión Smallville de 2006 a 2011, os productores dediciron comenzar limpo e atopar un  novo actor para retratar ao personaxe. Arrow enfócase na humanidade de Oliver Queen, e como foi cambiando polo tempo que pasou naufragando nunha illa. A maioría dos episodios nas primeiras cinco temporadas teñen escenas flashback aos cinco anos nos que Oliver desaparecera.





CRÍTICAS:

Resultado de imagen de arrow personajes


Arrow recibiu comentarios xeralmente positivos dos críticos. A serie tivo uns 3.68 millóns de espectadores de media no transcurso da primeira temporada e recibiu varios premios e múltiples nominacións. 




The Filteres Lens eloxiou o piloto por estar en tono da triloxía de Batman de Christopher Nolan pero criticou a acción e o diálogo. Déronlle unha calificación xeral de B. Mary McNamara de Los Ángeles Times chamouno unha configuración interesante, con unha mirada de calidade.

Por outro lado, o episodio piloto e estreno da serie foi visto por 4.4 millóns de espectadores, convertíndose no estreno máis visto dunha serie desde The Vampire Diaries, en 2009.



jueves, 20 de junio de 2019

Jak and Daxter


Resultado de imagen de jak and daxter


Jak and Daxter é unha serie de videoxogos creada por Naughty Dog. Hai tresxogos da serie principal e tres spin-off, aínda que estos tamén se consideran parte do argumento da serie principal.

Os xogos son considerados historia a base de xogos de plataformas, icluíndo moitos crebacabezas que implican saltar, ás veces xunto con evitar inimigos, e en xogos posteriores, usando armas diferentes en estilo shooter en terceira persoa.



PERSONAXES:

Resultado de imagen de jakA historia céntrase en Jak e Daxter, dous amigos que van a aventuras en lugares múltiples nun mundo de ficción, incluíndo selvas, volcáns cidades e desertos.


Jak é un xoven de mediana estatura, pelo loiro e unhas grandes orellas similares ás dos elfos.





Resultado de imagen de daxter


Daxter é unha especie de doniña de cor laranxa, de pequeno tamaño, que viaxa sempre sobre o ombro de Jak.













RELANZAMENTO:

A triloxía orixinal foi relanzada en Playstation3 como parte dunha colección de alta definición, que inclúe 720' de alta definición con imaxes nítidas, máis suave animación en 3D estereoscópico e xogabilidade completa, xunto co soporte para o sistema PlayStation Network trofeo. Meses despois, esta triloxía foi lanzada tamén en PlayStation Vita, pero despois de sacalo nesta plataforma, Naughty Dog perdeu os dereutos dos personaxes.


CARACTERÍSTICAS XERAIS DE XOGABILIDADE:

Malia o gran salto que hai entre a primeira entrega e as seguintes e exceptuando Jak X, que é un xogo de carreiras; todos os xogos teñen unhas características de xogabilidade máis ou menos comúns.

Jak é principalmente un xogo de plataformas, que require o control de Jak (ou Daxter) en crebacabezas nos que hai que saltar esquivando e loitando contra enimigos para chegar á meta ou obxectivo final, O personaxe non poder ser danado nada máis que unhas poucas veces antes de caer, aínda que hai obxectos de recuperación (Eco Verde). A partir de Jak II, tamén conta cun arma multi-forma de Eco, que adquire ata catro modalidades distintas e a Turbotabla, unha especie de skate que levita mediante Eco Azul e que permite facer piruetas, chegar a algúns lugares ou moverse máis comodamente polo xogo.



Imagen relacionada



A sexta entrega deste xogo é Jak and Daxter: The Lost Frontier, que narra a fin do mundo. Jak, Kiera e Daxter están no Límite (o fin do mundo). Kiera é secuestrada polos piratas. Entón, Jak emprenderá unha aventura para salvala e evitar a fin do mundo reestabilizando o Núcleo de Eco.







Desde Jak & Daxter 2, a sere pasou a ter unha clasificación T + 13 debido ao consumo de alcol, linguaxe agresivo, violencia real/fantástica con sangue medio e insinuacións entre os comentarios de Daxter e Tess, a súa parella.








K-Pop



Imagen relacionada



O K-pop ou música popular coreana é un xénero musical que imclúe diversos estilos como a música dance electrónica, hip hop, rap, rock, R&B, etc. e que se refire específicamente á música popular de Corea do Sur, debido a que Corea do Norte non posúe unha industria popular con influencia occidental.

A forma máis moderna do xénero surxiu cun dos primerios grupos de K-pop, Seo Taiji e Boys, que se conformou en 1992. A súa experimentación con diferentes estilos de música "reformou a escena musical de Corea". Como resultado, a integración de xéneros musicales estranxeiros converteronse nunha práctica común dos artistas de K-pop.



Características



-Contido audiovisual



Resultado de imagen de loona
El K-pop, é unha abreviación de Korean popular music e que se refire específicamente á música popular de Corea do Sur, debido a que practicamente non hai unha industria de música popular con influencia occidental en Corea do Norte.


Aínda que o K-pop xeralmente se refire á música popular surcoreana algúns consideran que é un xénero que abarca un amplo aspecto de elementos musicais e visuais. 





-Formación sistemática de artistas


Imagen relacionada
As axencias de entretemento en Corea do Sur ofecen contratos aos artistas potenciais, ás veces a unha idade temperá. Os aprendices viven xuntos nun ambiente regulado e pasan  moitas horas ao día aprendendo música, baile, idiomas estranxeiros e outras habilidades en preparación para o seu debut. Porén, este sistema é a miúdo criticado polos medios de comunicación occidentais.






-Uso de frases en inglés
Imagen relacionada


O K-pop moderno caracterízase polo emprego de frases en inglés, o escritor Jin Dal Yong escribiu que o seu uso puido ser influenciado polos "americanos coreano e/ou coreanos que estudaron nos Estados Unidos, quen sacaron o máximo proveito da súa fluidez en inglés e recursos culturais que non se atopan comunmente entre os que foron criados e educados en Corea". Isto permite que as cancións e os artistas se promocionen a un público máis amplo en todo o mundo. 

Músicos como will.i.am, Kanye West, Ludacris e Snoop Dogg participaron en cancións de K-pop.












-Coreografía


Resultado de imagen de nct coreografiaAs principais cancións dos artistas están convencionalmente acompañadas por unha coreografía, que a miúdo inclúe un movemento clave do baile (coñecido como o "punto" do baile), para que coincida coas características ou a letra da canción. "Sorry Sorry" de Super Junior e "Abracadabra" de Brown Eyed Girls son exemplos de cancións cun notable "punto"na coreografía. Algúns fns bailaron as coreografías dos seus ídolos e subíronos en línea.








BTS



Ver las imágenes de origen



É a banda máis popular do K-pop e unha das máis coñecidas mundialmente formada por Big Hit Enterteinment en 2013. Está composta por sete integrantes: Jin, Suga, J-Hope, RM, Jimin, V e Jungkook. O grupo debutou o 13 de xuño de 2013 coa canción "No More Dream" incluída no seu primeiro sencillo 2 Cool 4 Skool, mentres que o estreno en Xapón prudiciuse en xuño do ano seguinte coa versión en xaponés do mesmo tema. O club de fans ofial é A.R.M.Y, acrónimo de "Adorable representative MC for Youth".

Para 2015, BTS alcanzou unha maior popularidade co inicio da serie Most Beautuful Moment in Life e desde entón captou a atención da prensa pola súa música e as súas presentacións, non só en Corea do Sur, senón tamén en todo o mundo.

BTS escribe e produce a maioría das súas cancións, o cal foi sinalado por algúns medios como cñlave do seu éxito. Desde o seu debut, o grupo foi eloxiado por "falar honestamente sobre temas que consideran importantes, até nunha sociedade conservadora". Ademais de tocar temas pertinentes á realidade da súa terra, tamén falan sobre a saúde mental e ata manifesto existenciais, tópicos inusuais en producións dirixidas a masas. Por si fora pouco, BTS é un grupo especialmente dedicado aos seus fans, aos que tamén lles dedidou máis dunha canción e expresou o seu amor e agradecemento múltiples veces. A continuación adxunto algúns breves extractos do que hai contido nas súas letras:


1. "Intro: The Most Beautiful Moment in Life" (2015)

"Pensamentos enchen a miá cabeza e en lugar dun balón, lanzo o meu futuro. Polo estándar de éxito de outros os meus medos propáganse de novo como cáncer, ¡maldita sexa! Outros corren por diante pero, por que sigo aquí? Respira ou soña con algo, se segues atrapado nos prexuízos de outros, como o solpor na cancha, o sol tamén se porá na túa vida. Que estou facendo coa miña? Este momento nunca máis volverá. Preguntome a min mesmo de novo: Son feliz agora?".



2. "Am I Wrong" (2016)


"Se o que ves nas noticias non che causa nada, se os comentarios non che causan nada, se tanto odio non che causa nada, ti non eres normal, eres anormal. Todo o mundo parece que se volveu tolo, parece o final. Oh, por que?"




3. "Sea" (2017)

"De algunha forma camiñei e acabei no océano. Miro a costa, incontables grans de area e vento, pero sigo vendo un deserto. Quixen ter o mar e tragueite, pero síntome aínda máis sedento, é este lugar ao que cheguei realmente o océano ou un deserto azul? Trago saliva da miña boca seca, até si é un deserto, es o fermoso deserto do Namib. 'Cantante de pequena axencia sen nada especial' era o meu segundo nome, alcanzamos o espexismo e este fíxose realidade, o deserto que tememos fíxose océano coa nosa sangue, sudor e lágrimas, pero que son estos medos no medio da felicidade? E que sabemos demasiado ben que esto era orixinalmente un deserto".




Ademais, o 1 de setembro de 2017 BTS lanzou xunto co comité coreano de UNICEF a campaña antiviolecia chamada LOVE MYSELF de duración de dous anos.A idea da campaña foi presentada polo grupo como colaboración a #ENDviolence, unha campaña global de UNICEF cuxo obxectivo é a protección dos xóvenes, para que poidan vivir sen o medo á violencia. Tamén promove o hasgtag #BTSLoveMyself en diferentes redes sociais.

Páxina oficial da campaña: https://www.love-myself.org/eng/home/







martes, 18 de junio de 2019

Reseña "Aire Negro"


Sinopse

Imagen relacionada

Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.





Opinión

Para comezar, trátase dunha novela bastante corta (unhas 170 páxinas), clasificada como literatura xuvenil. Mentres a lía, experimentei esa emoción que nos deixa toda historia ben estruturada que, ademais, presenta una trama complexa y chea de elementos psicolóxicos e mitológicos válidos para cualquera lector, xa sexa xoven ou adulto. 

Na trama, a través do diario da moza, o doctor embárcase nunha aventura onde se mesturan o real e o sobrenatural para coñecer as orixes dese temeroso comportamento que a rapaza amosa nos seus momentos de lucidez.

Una de características máis sorprendentes da novela, é que se desenvolve nun ambiente puramente galego. Trátase dunha obra que devolve a esperanza de regresar ao mellor do xénero de terror. 

Para rematar, esta novela deixa un sabor agridoce. Porén, todas as sensacións que me fixo sentir durante a súa lectura provocaron en min as ganas de volver lelo algún día.





Reseña "La Emperatriz de los Etéreos"


Sinopse


Resultado de imagen de la emperatriz de los etéreos reseña


Este libro cóntanos a historia de Bipa, unha moza que vive nas Covas xunto co seu pai e outros veciños da aldea. É pragmática ata decir basta e non lle interesan os líos amorosos que se traen as súas amigas. Ela simplemente quere vivir unha vida tranquila e cómoda. Polo tanto, o seu sentido do deber e necesidade de que as cousas sirvan para algo choca drásticamente con Aer, un mozo da aldea ao que chman "fillo do Estranxeiro" que é completamente oposto á nosa protagonista. Aer soña con chegar aos dominios da Emperatriz e descubrir que hai máis alá das Covas, dos Montes de Xeo. Porque el quere saber e descubrir e faise moitas, moitas preguntas.






Cando Aer desaparece, todos o dan por morto. Porén, contra todo pronóstico, o mozo volve para regalarlle a Bipa unha flor de cristal e demostrarlle que existe algo máis ahí fóra. cando todo parece que volveu a normalidade, el desaparece por segunda vez. Neste momento é cando Bipa, como personaxe, consegue a motivación que dará pé atoda a historia: debe ir a buscalo porque non pode deixar a NUba, a súa nai, soa como fixo seu pai.



Temática e opinión

Nesta novela, Bipa descubrirá cousas de sí mesma que non sabía e decatarase de que é realmente importante para ela mentres se atopa con diversos personaxes.

Nesta novela tamén se trata o tema de alcanzar a perfeción para poder ser digno de chegar á Emperatriz. Para elo, como dice o título, hai que chegar a ser etéreo. Eso empeza en primeiro lugar por ser cada vez máis delgado.

Ademais de Bipa e Aer, destaca outro personaxe que, aínda que non dice nada en toda a historia, vólvese un personaxe moi importante na trama e querido polo lector. Trátase de Nevado, un gólem de neve que Bipa atopa durante a súa viaxe e que se convirte nos seu fiel protector. 



Persoalmente, este libro lese moi ben e é moi recomendable para fomentar a lectura. É un libro que probablemente volva ler algún día. 

Só o feito de imaxinar un escenario invernal, branco e nevado cheo lugares e personaxes fanásticos provoca que queira ler o libro. En realidade, calquera universo creado por Laura Gallego é increíble, máxico e único. Ademais, os protagonistas, Bipa e Aer, parécenme moi tenros e moi cribles e os seus nomes, coma sempre, son orixinais e diferentes. 

O que máis me gustou foi a viaxe de Bipa e todo o que vai atopando e o que lle vai acontecendo polo camiño. Realmente sintes que viaxas con ela por eses paraxes xeados e resulta moi agradable. 

Finalmente, repito que é un libro moi  sinxelo de ler, a historia é intrigante e, sen dúbida, namoraráste dos personaxes. Recomendo moito este libro.







lunes, 17 de junio de 2019

Monterrei

Resultado de imagen de monterrei




Localización

Imagen relacionada


É un concello situado ao sureste de Ourense que limita con Cualedro ao oeste, Laza e Castrelo do Val ao norte, Verín ao este e Oimbra ao sur.



Ocupa 119 kilómetros cuadrados en plena comarca de Verín. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda, de 1.091 metros de altitud, en plenos Montes de Meda








Historia

Resultado de imagen de castelo de monterrei
Este lugar esta caracterizado por unha fortaleza enclavada sobre os restos do castro de Baroncelli ou  Baroncelle. Ao longo da súa historia, no seu estratéxico complexo asentáronse algúns dos máis poderosos linaxes como os Ulloa, os Zúñiga ou os Duques de Alba.


Documentalmente, as primeiras noticias do lugar proveñen das poblacións asentadas no val a comezos do século X e sobre o castelo no ano 950.


O castelo, na súa configuración primaria actual sería reedificado no século XII por Alfonso Henríquez, pero pasaría rapidamente ao reino de León e Castela coa firma do Tratado de Tui en 1137.

A comarca, coas terras do val, formaba parte do señorío do monasterio de Celanova. No castelo pasou por varias mans, pero os seus abades considerábano como unha ameaza a súa autoridade, polo que buscaron a protección da Coroa, chegando a obter do rey Alfonso IX un privilexio que ordeaba a demolición das defensas do castelo.  




Características

Está considerada por moitos autores como a maior acrópole galega, sendi principalmente un enclave estratéxico para a defensa da fronteira co próximo Portugal. Os elementos conservados máis antigos corresponden aos anos do reinado de Alfonso IX, correspondendo a maior parte á época do primeiro conde de Monterrei, Sancho Sánchez de Ulloa.



Recintos amurallados

Consta de tres recintos amurallados sobre unha alongada loma. Como curiosidade, o primeiro é o actual Parador Nacional de Verín e entre este e o núcleo consérvase un cruceiro do século XVII. Ao último recinto accédese a través dunha porta con arco apuntado formado por grandes dovelas. Sobre ella atópase o escudo de Monterrei.

Imagen relacionada



















Castelo

Resultado de imagen de castelo de monterrei porta



Situado dentro do último recinto, a súa porta de acceso está situada na praza de Monterrei. Esta porta remátase con arco de medio punto e presenta os escudos dos condes.


A través desta porta acédese ao patio de armas, onde se conserva un pozo e un túnel que servía de pozo e que unha lenda decía que comunicaba coa Atalaia. Durante as obras de restauración levadas a cabo nos últimos anos tapouse a entrada do túnel. No lado oeste da muralla consérvanse resto de grandes fornos de pedra.










Palacio dos Condes e Torre das Damas

Imagen relacionada

O Palacio dos Condes foi recentemente restaurado e conserva en bo estado a súas galerías e patios. Foi construído entre os séculos XV e XVII en estilo renacentista. Atópase no lado dereito do patio de armas e forma un conxunto armónico coa adosada Torre das Damas, de finais do século XIII ou comexos do XIV, sendo o elemento máis antigo do conxunto.



O Palacio ábrese ao patio dividido en dúas plantas, a inferior con arcada de arcos rebaixados con columnas, decoradas con escudos de diferentes linaxes que posuíron a praza-forte. A planta superior ten o mesmo número de columnas e sobre apoiase directamente a cuberta.






Termalismo

Sousas


Resultado de imagen de sousas manantial verin



Augas coñecidas polos romanos, utilizadas na Idade Media e redescubertas no século XVIII, foron declaradas en 1859 de unidade pública. O balneario consegue o seu máximo explendor no primeiro tercio do século XX, aínda que co paso dos anos esta relevancia evoluciona cara ao sector embotellador. Con todo, o pavillón de augas segue aberto ao público, para a toma gratuita das augas. 

Oito manantiais proporcionan o caudal, a temperatura de emerxencia é de 16ºC e a pé da fonte do balneario a auga posúe unha lixeira cantidade de gas carbónico. Son augas bicarbonatadas, sódicas, lítínicas e fluoradas. a presenza de sulfuros é mínima, pero o suficiente para darlle un leve cheiro caracterísitico.

Augas:

Resultado de imagen de sousas manantial verinAs augas de Sousas gozan dun gran valor diurético e son recomendadas para case todos os problemas das vías urinarias e algunhas do aparello dixestivocomo dipepsias e gastritis.


A temporada de augas vai dende o 15 de xuño ao 15 de setembro. Este balneario forma parte da ruta das augas.




Cabreiroá

Imagen relacionada

O balneario de Cabreiroá é fundado por José García Barbón a comezos do século XX. Pouco tempo despois, será Santiago Ramón y Cajal quen faga unha análise desta auga e finalmente, será declarado de utilidade pública en decembro de 1906. Durante a Guerra Civil transformouse nun cuartel e hospital. Tras unha posterior reapertura pechou definitivamente as súas portas en 1961.

O diseño do balneario esta baseado no mesmo concepto de "Cidade das augas". estaba consituído por un hotel con xardín, un edificio cunha escaleira monumental na entrada, salóns de baile e xogos e comedor entre outros.


Augas:


Resultado de imagen de cabreiroa manantial verin
Estas augas, inodoras, transparentes e de sabor agradable, lixeiramente picantes, son bicarbonatadas, sódicas e litínicas. A súa principal indicación son as enfermidades das vías urinarias, para trastornos gastrohepáticos e biliares e os metabólicos.


A maneira de administracuión é o uso da auga en bebida ao pé do manantial durante uns 15 días, xunto cun réxime alimentario.



Fontenova

Imagen relacionada

As súas augas doron declaradas de utilidade pública en 1904 e en 1935 construíronse as instalacións balneoterápicas, que pecharon anos despois. Actualmente, posúe dous elementos arquitectónicos: o pavillón de augas e o balneario e a envasadora, ubicada detrás da instalación anterior.

Atópase situada a 400 metros do centro urbano de Verín. Pusuía duchas dorsais, lumbares, abdominais, frías e quentes, escocesas e baño de asiento, así como un dispensario médico no que a xente podía ser atendida polo médico e ata levar a cabo algunhas análises.

A fonte orixinal é coñecida como "A Fonte do Espido" que se atopa a carón da porta do establecemento, mana a 17 graos, co sabor picante característico dunha auga con gas natural e un sabor ferroso polas sales de ferro que posúe a disolución.




Augas:

Imagen relacionadaAs súas augas emerxen a unha temperatura que vai dende os 10 a 14 graos nos manantiais de auga sen gas e entre 18 e 19 graos na auga con gas.

As características das augas son similares en todos os manantiais: bicarbonatadas sódicas, litínicas e fluoradas, de mineralización forte nas augas con gas e de mineralización débil nas que son sin gas.





Fonte do sapo

Resultado de imagen de fonte do sapo verin


Trátase dunha ruta empredrada, restaurada recentemente e integrada na ruta de senderismo das augas termais que pode facerse a pé, en bici ou en coche. Na actualidade é de uso público.

A Fonte do Sapo esta situada a 2 kilómetros de Verín. Este manantial nace de baixo cara arriba, entre pedras, como unha fonte rústica.

Dende o punto de vista turístico é unha fonte de propiedade pública, encravada nun espazo natural atractivo. O seu nome ten que ver coas propiedades curativas das súas augas sobre a pel, pero tamén suxire (sapo) relación coas meigas, a medicina e a mitoloxía popular, do mesmo modo que o espazo (prado) no que se ubica.




Augas:

Imagen relacionada
O caudal é constante, non moi abundante e a temperatura fría. A súa composición é semellante ás restantes de Verín: alcalina, de sabor agradable, bicarbonatado-sódica, litínica, fluorada e lixeiramente sulfurada.

Si se toman só en bebida, son boas para o aparato gastro-hepático e para os trastornos urinarios. Tamén está indicada para doenzas da pel, si se aplican dun modo externo.








Caldeliñas



Resultado de imagen de Caldeliñas Verin



Pese a que non existen referencias históricas históricas ata principios do século XIX, a súa historia é complementaria á de Sousas, xa que ofertaba o uso balneoterápico que non posuía Sousas, e ata pertencían ao mesmo propietario.

As súas augas de claráronse de utilidade pública en 1959. O balneario foi constrído a finais do século XIX e, aínda que na actalidade se atopa en ruínas, aínda podemos contemplar a beleza da súa construción.

Dito balneario consta e dúas edificacións: unha, ao lado da estrada, na que están situados os manantiais, tres piscinas, os vestuarios e un depósito de almacenamento da auga para o outro edificio. Nese segundo, estaban unicados, en cada lateral, os baños e os complementos de hidroterapia.





Resultado de imagen de Caldeliñas VerinAugas:


Estas augas nacen en terreo arxiloso acompañadas de abundantes burbullas,



O caudal e de 83 L/min. e a temperaturade 24ºC. Son augas diáfanas, incoloras, inodoras e de sabor lixeiramente alcalino e estaban indicadas para as doenzas da pel e reumáticas, mediante baño e técnicas externas.