Symbaloo é unha antiga palabra grega que significa "recompilar" ou "reunir". É un escritorio online ao que podemos ter acceso desde calquera ordenador, teléfono móbil ou tableta con conexión a Internet, sen necesidade de instalar nada, con só acceder á web de Symbaloo.
É unha páxina web dedicada a ofrecer as ferramentas necesarias para sacar o máximo rendemento ao traballo docente e fomentar a experiencia didáctica, a través do aporte de tecnoloxía e ferramentas interactivas.
Con esta aplicación preténdese dar a oportunidade de recompilar os recursos que se consideren máis importantes e compartilos cos demais. Tamén serve para seguir as novedaades das páxinas web que queiramos, mediante RSS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario