viernes, 21 de junio de 2019
"Arrow"
Arrow é unha serie de televisión dun vixiante estadounidense desenvolivda polos escritores/productores Greg Berlanti, Marc Guggenheim e Andrew Kreisberg. Está baseada no personaxe de Dc Comics Gren Arrow, un loitador contra o crime disfrazado creado por Mort Weisinger e George Papp. Estreouse o 10 de outubro de 2012 en Estados Unidos no canal de televisión The CW.
ARGUMENTO:
A serie segue ao multimillonario playboy Oliver Queen (Stephen Amell), quen, cinco anos despois de estar varado nunha illa hostil, volta a casa para loitar contra o crime e a corrupción como un vixiante secreto cuxa arma de elección é un arco e frechas.
É unha nova mirada ao personaxe de Green Arrow, así como a outros personaxes do universo DC Comics. Aínda que Oliver Queen/Green Arrow aparecera na serie de televisión Smallville de 2006 a 2011, os productores dediciron comenzar limpo e atopar un novo actor para retratar ao personaxe. Arrow enfócase na humanidade de Oliver Queen, e como foi cambiando polo tempo que pasou naufragando nunha illa. A maioría dos episodios nas primeiras cinco temporadas teñen escenas flashback aos cinco anos nos que Oliver desaparecera.
CRÍTICAS:
Arrow recibiu comentarios xeralmente positivos dos críticos. A serie tivo uns 3.68 millóns de espectadores de media no transcurso da primeira temporada e recibiu varios premios e múltiples nominacións.
The Filteres Lens eloxiou o piloto por estar en tono da triloxía de Batman de Christopher Nolan pero criticou a acción e o diálogo. Déronlle unha calificación xeral de B. Mary McNamara de Los Ángeles Times chamouno unha configuración interesante, con unha mirada de calidade.
Por outro lado, o episodio piloto e estreno da serie foi visto por 4.4 millóns de espectadores, convertíndose no estreno máis visto dunha serie desde The Vampire Diaries, en 2009.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario