Sinopse
Este libro cóntanos a historia de Bipa, unha moza que vive nas Covas xunto co seu pai e outros veciños da aldea. É pragmática ata decir basta e non lle interesan os líos amorosos que se traen as súas amigas. Ela simplemente quere vivir unha vida tranquila e cómoda. Polo tanto, o seu sentido do deber e necesidade de que as cousas sirvan para algo choca drásticamente con Aer, un mozo da aldea ao que chman "fillo do Estranxeiro" que é completamente oposto á nosa protagonista. Aer soña con chegar aos dominios da Emperatriz e descubrir que hai máis alá das Covas, dos Montes de Xeo. Porque el quere saber e descubrir e faise moitas, moitas preguntas.
Cando Aer desaparece, todos o dan por morto. Porén, contra todo pronóstico, o mozo volve para regalarlle a Bipa unha flor de cristal e demostrarlle que existe algo máis ahí fóra. cando todo parece que volveu a normalidade, el desaparece por segunda vez. Neste momento é cando Bipa, como personaxe, consegue a motivación que dará pé atoda a historia: debe ir a buscalo porque non pode deixar a NUba, a súa nai, soa como fixo seu pai.
Temática e opinión
Nesta novela, Bipa descubrirá cousas de sí mesma que non sabía e decatarase de que é realmente importante para ela mentres se atopa con diversos personaxes.Nesta novela tamén se trata o tema de alcanzar a perfeción para poder ser digno de chegar á Emperatriz. Para elo, como dice o título, hai que chegar a ser etéreo. Eso empeza en primeiro lugar por ser cada vez máis delgado.
Ademais de Bipa e Aer, destaca outro personaxe que, aínda que non dice nada en toda a historia, vólvese un personaxe moi importante na trama e querido polo lector. Trátase de Nevado, un gólem de neve que Bipa atopa durante a súa viaxe e que se convirte nos seu fiel protector.
Persoalmente, este libro lese moi ben e é moi recomendable para fomentar a lectura. É un libro que probablemente volva ler algún día.
Só o feito de imaxinar un escenario invernal, branco e nevado cheo lugares e personaxes fanásticos provoca que queira ler o libro. En realidade, calquera universo creado por Laura Gallego é increíble, máxico e único. Ademais, os protagonistas, Bipa e Aer, parécenme moi tenros e moi cribles e os seus nomes, coma sempre, son orixinais e diferentes.
O que máis me gustou foi a viaxe de Bipa e todo o que vai atopando e o que lle vai acontecendo polo camiño. Realmente sintes que viaxas con ela por eses paraxes xeados e resulta moi agradable.
Finalmente, repito que é un libro moi sinxelo de ler, a historia é intrigante e, sen dúbida, namoraráste dos personaxes. Recomendo moito este libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario