Localización
É un concello situado ao sureste de Ourense que limita con Cualedro ao oeste, Laza e Castrelo do Val ao norte, Verín ao este e Oimbra ao sur.
Ocupa 119 kilómetros cuadrados en plena comarca de Verín. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda, de 1.091 metros de altitud, en plenos Montes de Meda
Historia
Este lugar esta caracterizado por unha fortaleza enclavada sobre os restos do castro de Baroncelli ou Baroncelle. Ao longo da súa historia, no seu estratéxico complexo asentáronse algúns dos máis poderosos linaxes como os Ulloa, os Zúñiga ou os Duques de Alba.
Documentalmente, as primeiras noticias do lugar proveñen das poblacións asentadas no val a comezos do século X e sobre o castelo no ano 950.
O castelo, na súa configuración primaria actual sería reedificado no século XII por Alfonso Henríquez, pero pasaría rapidamente ao reino de León e Castela coa firma do Tratado de Tui en 1137.
Situado dentro do último recinto, a súa porta de acceso está
situada na praza de Monterrei. Esta porta remátase con arco de medio
punto e presenta os escudos dos condes.
O Palacio dos Condes foi recentemente restaurado e conserva en bo
estado a súas galerías e patios. Foi construído entre os séculos
XV e XVII en estilo renacentista. Atópase no lado dereito do patio
de armas e forma un conxunto armónico coa adosada Torre das Damas,
de finais do século XIII ou comexos do XIV, sendo o elemento máis
antigo do conxunto.
Documentalmente, as primeiras noticias do lugar proveñen das poblacións asentadas no val a comezos do século X e sobre o castelo no ano 950.
O castelo, na súa configuración primaria actual sería reedificado no século XII por Alfonso Henríquez, pero pasaría rapidamente ao reino de León e Castela coa firma do Tratado de Tui en 1137.
A comarca, coas terras do
val, formaba parte do señorío do monasterio de Celanova. No castelo
pasou por varias mans, pero os seus abades considerábano como unha
ameaza a súa autoridade, polo que buscaron a protección da
Coroa, chegando a obter do rey Alfonso IX un privilexio que ordeaba a
demolición das defensas do castelo.
Características
Está
considerada por moitos autores como a maior acrópole galega,
sendi principalmente un enclave estratéxico para a defensa da
fronteira co próximo Portugal. Os elementos conservados máis
antigos corresponden aos anos do reinado de Alfonso IX,
correspondendo a maior parte á época do primeiro conde de
Monterrei, Sancho Sánchez de Ulloa.
Recintos
amurallados
Consta de tres recintos amurallados sobre unha alongada loma.
Como curiosidade, o primeiro é o actual Parador Nacional de Verín e
entre este e o núcleo consérvase un cruceiro do século XVII. Ao
último recinto accédese a través dunha porta con arco apuntado
formado por grandes dovelas. Sobre ella atópase o escudo de
Monterrei.
Castelo
A través desta porta acédese ao patio de armas, onde se conserva un
pozo e un túnel que servía de pozo e que unha lenda decía
que comunicaba coa Atalaia. Durante as obras de
restauración levadas a cabo nos últimos anos tapouse a entrada do
túnel. No lado oeste da muralla consérvanse resto de grandes
fornos de pedra.
Palacio
dos Condes e Torre das Damas
O Palacio ábrese ao patio dividido en dúas plantas, a inferior
con arcada de arcos rebaixados con columnas, decoradas con escudos de
diferentes linaxes que posuíron a praza-forte. A planta superior ten
o mesmo número de columnas e sobre apoiase directamente a cuberta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario