Introducción
Unha das festas máis populares de Galicia é o Entroido de Verín. A orixe desta festa, de case un mes de duración, non está documentada, pero podemos afirmar que as súas raíces están en ritos agrícolas e gandeiros prerromanos. Posteriormente adaptouse á relixión cristiá, superando a ditadura para convertirse en Festa de Interés Turístico Nacional en 1997.
Personaxes
En Verín os personaxes máis destacados son os cigarróns, unha caracterización que se remonta ao século XVI cuxo orixe provén dun impopular recaudador de impostos dos Condes de Monterrei. Destacan por levar unha máscara feita de madeira e pintada, na que resaltan as cellas, as meixelas, o bigote, unha falsa barba e un amplo sorriso. Visten con camisa branca, gravata e unha chaqueta. Na parte anterior está pintado un animal e na posterior temos un anaco de pel (na actualidade de fibras sintéticas), pechándo así a máscara cunha imitación do rabo dun animal. Ademais, levan chocas na cintura e un látigo na man.
Cando se celebra?
"Xoves de Compadres"
É o primeiro día do Carnaval e a primeira noite onde a xente se disfrazan.é unha noite de homes, aínda que co paso dos anos son máis as mulleres que tamén se animan a esta noite, cambiándo o seu rol e disfrazándose como si fosen homes.
"Domingo de Corredoiro"
Nas primeiras horas da mañá hai unha descarga de pirotecnia e as principais rúas da vila énchense de barullo e son coa música das charangas. Pola tarde-noite celébrase na Praza Maior de Verín o primeiro baile de disfraces ao ritmo das orquestas.
"Xoves de Comadres"
Dende ás 11:45 horas ten lugar o Desfile Infantil, no que os/as menores de diferentes escolas dos arredores toman as rúas de Verín. Dito desfile está amenizado pola Banda de aitas do Concello de Verín e diversas charangas. Á noite, na praza García Barbón, tocará unha orquestra e haberá baile para todas as idades.
"Sábado, domingo, luns e martes"
O domingo e o martes realízanse desfiles de xente disfrazada, orquestas, música, atraccións e o luns celébrase a farelada. Nesta última bótase fariña e mesmo ovos na Praza García Barbón de Verín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario