lunes, 17 de junio de 2019

Termalismo

Sousas


Resultado de imagen de sousas manantial verin



Augas coñecidas polos romanos, utilizadas na Idade Media e redescubertas no século XVIII, foron declaradas en 1859 de unidade pública. O balneario consegue o seu máximo explendor no primeiro tercio do século XX, aínda que co paso dos anos esta relevancia evoluciona cara ao sector embotellador. Con todo, o pavillón de augas segue aberto ao público, para a toma gratuita das augas. 

Oito manantiais proporcionan o caudal, a temperatura de emerxencia é de 16ºC e a pé da fonte do balneario a auga posúe unha lixeira cantidade de gas carbónico. Son augas bicarbonatadas, sódicas, lítínicas e fluoradas. a presenza de sulfuros é mínima, pero o suficiente para darlle un leve cheiro caracterísitico.

Augas:

Resultado de imagen de sousas manantial verinAs augas de Sousas gozan dun gran valor diurético e son recomendadas para case todos os problemas das vías urinarias e algunhas do aparello dixestivocomo dipepsias e gastritis.


A temporada de augas vai dende o 15 de xuño ao 15 de setembro. Este balneario forma parte da ruta das augas.




Cabreiroá

Imagen relacionada

O balneario de Cabreiroá é fundado por José García Barbón a comezos do século XX. Pouco tempo despois, será Santiago Ramón y Cajal quen faga unha análise desta auga e finalmente, será declarado de utilidade pública en decembro de 1906. Durante a Guerra Civil transformouse nun cuartel e hospital. Tras unha posterior reapertura pechou definitivamente as súas portas en 1961.

O diseño do balneario esta baseado no mesmo concepto de "Cidade das augas". estaba consituído por un hotel con xardín, un edificio cunha escaleira monumental na entrada, salóns de baile e xogos e comedor entre outros.


Augas:


Resultado de imagen de cabreiroa manantial verin
Estas augas, inodoras, transparentes e de sabor agradable, lixeiramente picantes, son bicarbonatadas, sódicas e litínicas. A súa principal indicación son as enfermidades das vías urinarias, para trastornos gastrohepáticos e biliares e os metabólicos.


A maneira de administracuión é o uso da auga en bebida ao pé do manantial durante uns 15 días, xunto cun réxime alimentario.



Fontenova

Imagen relacionada

As súas augas doron declaradas de utilidade pública en 1904 e en 1935 construíronse as instalacións balneoterápicas, que pecharon anos despois. Actualmente, posúe dous elementos arquitectónicos: o pavillón de augas e o balneario e a envasadora, ubicada detrás da instalación anterior.

Atópase situada a 400 metros do centro urbano de Verín. Pusuía duchas dorsais, lumbares, abdominais, frías e quentes, escocesas e baño de asiento, así como un dispensario médico no que a xente podía ser atendida polo médico e ata levar a cabo algunhas análises.

A fonte orixinal é coñecida como "A Fonte do Espido" que se atopa a carón da porta do establecemento, mana a 17 graos, co sabor picante característico dunha auga con gas natural e un sabor ferroso polas sales de ferro que posúe a disolución.




Augas:

Imagen relacionadaAs súas augas emerxen a unha temperatura que vai dende os 10 a 14 graos nos manantiais de auga sen gas e entre 18 e 19 graos na auga con gas.

As características das augas son similares en todos os manantiais: bicarbonatadas sódicas, litínicas e fluoradas, de mineralización forte nas augas con gas e de mineralización débil nas que son sin gas.





Fonte do sapo

Resultado de imagen de fonte do sapo verin


Trátase dunha ruta empredrada, restaurada recentemente e integrada na ruta de senderismo das augas termais que pode facerse a pé, en bici ou en coche. Na actualidade é de uso público.

A Fonte do Sapo esta situada a 2 kilómetros de Verín. Este manantial nace de baixo cara arriba, entre pedras, como unha fonte rústica.

Dende o punto de vista turístico é unha fonte de propiedade pública, encravada nun espazo natural atractivo. O seu nome ten que ver coas propiedades curativas das súas augas sobre a pel, pero tamén suxire (sapo) relación coas meigas, a medicina e a mitoloxía popular, do mesmo modo que o espazo (prado) no que se ubica.




Augas:

Imagen relacionada
O caudal é constante, non moi abundante e a temperatura fría. A súa composición é semellante ás restantes de Verín: alcalina, de sabor agradable, bicarbonatado-sódica, litínica, fluorada e lixeiramente sulfurada.

Si se toman só en bebida, son boas para o aparato gastro-hepático e para os trastornos urinarios. Tamén está indicada para doenzas da pel, si se aplican dun modo externo.








Caldeliñas



Resultado de imagen de Caldeliñas Verin



Pese a que non existen referencias históricas históricas ata principios do século XIX, a súa historia é complementaria á de Sousas, xa que ofertaba o uso balneoterápico que non posuía Sousas, e ata pertencían ao mesmo propietario.

As súas augas de claráronse de utilidade pública en 1959. O balneario foi constrído a finais do século XIX e, aínda que na actalidade se atopa en ruínas, aínda podemos contemplar a beleza da súa construción.

Dito balneario consta e dúas edificacións: unha, ao lado da estrada, na que están situados os manantiais, tres piscinas, os vestuarios e un depósito de almacenamento da auga para o outro edificio. Nese segundo, estaban unicados, en cada lateral, os baños e os complementos de hidroterapia.





Resultado de imagen de Caldeliñas VerinAugas:


Estas augas nacen en terreo arxiloso acompañadas de abundantes burbullas,



O caudal e de 83 L/min. e a temperaturade 24ºC. Son augas diáfanas, incoloras, inodoras e de sabor lixeiramente alcalino e estaban indicadas para as doenzas da pel e reumáticas, mediante baño e técnicas externas.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario