Cóntanse moitas lendas sobre o Castelo de Monterrei, pero a máis popular é a da "Reina Loba":
Como tributo por vivir nas súas terras, obrigaba aos campesiños a que lles entregasen todos os días unha vaca, un porco e unha carreta chea de frutas e verduras.
Rodeada dunha corte tan sanguinaria e cruel coma ela, os seus servidores arrasaban e incendiaban casas e colleitas, ata asesinaban da maneira máis encarnizada a familias enteiras, diante de toda a aldea para sembrar o terror e obrigarlles a pagar os seus tributos.
As familias campesiñas turnábanse nesta entrega de alimentos, por medo aos servidores da Loba, pois moitos non volvían xamais.
Neste clima de terror vivía toda a comarca, cando lle chegou o turno de entregar os alimentos á aldea de Figueirós.
Os seus veciños reuníronse en asamblea, aquel ano fora duro e entregar un pago tan elevado, todos os días durante un ano, significaba a ruina, polo que decidiron non pagar.
Sabían que aquela decisión suporía a súa morte, pois sin dudar, a Loba mandaría aos seus seguidores contra eles, e serían perseguidos e mortos.
Decidiron que si tiñan que elixir, entre morrer de fame ou a mans dos sicarios da Loba, o mellor era morrer loitando contra ela.
Así que decidiron prepararse.
Fixeron lanzas e xavelinas, arcos e frechas, colleron pedras e paus, e así, armados ata os dentes e o mellor que puideron, unha noite, aproveitando a escuridade, marcharon cara ao castelo da salvaxe muller.
O castelo estaba en calma, todos durmían.
Demasiado tranquilos e confiados no terror que sembraran na comarca, descoidaba a vixilancia das murallas.
Nunca ninguén se atrevera a desafiar o seu poder, nin contaban con que tal cousa puidera suceder.
Sixilosamente, os veciños de Figueirós escalaron as murallas e abriron portas sorprendendo aos sicarios da Loba.
Unha breve pero encarnizada loita deu a vitoria aos aldeáns, que se lanzaron escaleiras arriba na busca da Loba.
Esta, alertada co barullo do combate, refuxiárase na torre máis alta, pero ningunha porta era o bastante segura para resistir aos asaltantes.
Cando viu ceder a porta e non querendo caer en mans daquela masa embravecida, a Loba correu cara a muralla e lanzouse ao vacío, morrendo esnaquizada conta as rochas.
Coa sua morte, acabou o sufrimento dos habitantes da comarca, que recordaron durante séculos, con romances e cancións, o valor dos veciños de Figueirós.
Os vasalos da reina Loba, agradecidos compuxeron esta copla, que aínda se repite en toda a comarca:
Mataste a reina Loba
pueblo de Figueirós
Mataste a reina Loba
fidalgo quedaste vos
No hay comentarios:
Publicar un comentario